Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

ARRANCAMOS

Imaxe
Alá polo mes de setembro unhas cantas mentes inquedas decidimos empezar a traballar no Clube de Letras. Despois de ter a planificación de actividades feitas,  tiñamos que ter un logo que nos definise e voilà... de ahí xurdiu o noso moucho.  A que é feitiño? Nel podedes ler todas as palabras que definen o noso proxecto e que teremos en mente ao longo de todo o curso escolar. A partires dese momento xa podíamos arrancar...

Benvida!

Ola a todos! Este blogue nace da necesidade de compartir con toda a comunidade educativa  o traballo  que dende o Clube de Letras faremos ao longo deste curso 2019-2020. Entendemos o ensino como unha colaboración entre todos os que formamos parte do IES PEDRO FLORIANI e por iso, decidimos colgar toda a información para facervos partícipes das múltiples e satisfactorias experiencias que levamos a cabo no insti.  Imos, pois, facer un eixo cronolóxico e explicarvos a andadura do noso/voso proxecto.   Arrancamos, logo!