Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Teatro social, teatro da escoita.

Imaxe
O pasado 21 de decembro o alumnado de 1ºde Bacharelato A e B participou nunha proposta didáctica de teatro social dirixida por Chusa Pérez de Vallejo,  directora da compañía "Los últimos".  Ao longo da sesión a rapazada puido poñer toda a súa imaxinación e creatividade para recrear diferentes escenas que promoven valores de xustiza universal, neste caso específicamente relacionándoos coa igualdade e os coidados aos demáis. Con esta proposta de pedagoxía teatral procúrase a concienciación do alumnado sobre a coherencia entre o os valores que defendemos e como actuamos na vida. Tal e como Chusa comenta "hai que priorizar ser persoa a ser actriz ou actor... é dicir,  defendo na vida o que defendo no teatro...trátase de que eu en primeira persoa como actriz ou actor poida emprestarlle a miña voz e o meu corpo, ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade." O alumnado dramatizou situacións da vida cotiá dende o punto de vista da persoa vulnerable.  Felicitámosvos pola

"A Lavandeira de San Simón" Memoria das mulleres que coidaron aos presos da illa.

Imaxe
 "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto, coas ilustracións de Eva Gregores, é desas obras imprescindibles que nos axudan a saber quen fomos como vila.  O mércores 18 de novembro o alumnado de 2º ESO A comezou un achegamento á nosa historia recente cunha actividade de lectura compartida. Unha rede de mulleres da contorna de Redondela e arredores organizáronse para asistir aos homes presos no campo de concentración que foi a illa de San Simón. As chamadas "madriñas" eran lavandeiras pero tamén se adicaban a realizar outras tarefas básicas imprescindibles como remendar roupa, levar comida ou mesmo cartas das familias.  A sesión finalizou coa audición do poema musicado "Pregaria de San Simón" escrito polo recluso Eduardo Pantaleón.

"Postais de Nadal en pictogramas". Accesibilidade e discapacidade.

Imaxe
O pasado 12 de decembro os Clubs de Letras dos respectivos centros  do IES de Teis, IES As Barxas, IES Pedro Floriani e IES de Chapela  celebramos un encontro virtual entre alumnado e profesorado nun relatorio sobre coidados, discapacidade e   accesibilidade cognitiva. O obxectivo:  concienciar sobre   o compromiso que temos como sociedade de incluir e promover a participación de todas as persoas en todos os ámbitos da vida independentemente da condición de cadaquen .  A iniciativa de felicitar as vindeiras festas de Nadal con postais e pictogramas partiu do IES de Teis e tivo moi boa acollida entre o alumnado participante de diferentes cursos e etapas educativas. Para explicar os detalles do emprego dos pictos falamos do proxecto educativo Alto alto como una montaña e contamos coa testemuña de Olga e as implicacións de ser nai e coidadora dun neno con TEA. O alumnado do IES de Teis, Chapela e As Barxas deseñou as postais usando diferentes recursos e aplicacións tales como ARAASAC ou

Acción formativa O coidado como contido educativo

Imaxe
  O mes de novembro foi un mes intenso en canto á posta en marcha de diferentes proxectos e accións formativas, entre outras a do Club de Letras para este ano académico que ten como temática "O coidado.

25N: Encontro virtual con Joshua Alonso Mateo en contra das violencias machistas, poesía opaca e bolboretas.

Imaxe
                       “Se a igualdade fose real as mulleres e os homes seríamos moito máis felices” O pasado xoves 26 de novembro varios centros educativos da contorna (IES de Chapela, IES Pedro Floriani, IES de Teis, IES de Mos, IES Ribeira do Louro), as Bibliotecas Municipais de Redondela e Asociación Andaina de persoas con diversidade, mantiveron un encontro virtual para falar con Joshua Mateo sobre a obra póstuma de Sesé Mateo “No camiño do vento” que nas súas palabras “é unha homenaxe e a necesidade de contar o que ela significa para a súa familia”.  O acto foi coordinado a través do Club de Letras do IES Pedro Floriani, un proxecto que ten como temática o coidado. Os centros educativos participantes na videoconferencia fixérono a través das bibliotecas escolares ou dos respectivos Grupos de Igualdade, estes últimos están formados por alumnado e profesorado de cada centro que traballa todo o ano en clave feminista. Un total de 250 rapazas e rapaces participaron activamente recita