Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

ANGURIA

Imaxe
E puxémonos a crear!!!!... Aproveitando a lectura do libro da redondelana Carolina Sertal titulado Anguria comezamos a facer broches. Broches violetas para reinvindicar a liberdade, a igualdade e a necesidade de expresarnos libremente. Mirade que cousas tan bonitas fixemos... A que os nosos rapaces e rapazas son uns verdadeiros artistas? Non hai máis que ver o concentrados que están!

NO CAMIÑO DO VENTO...

Imaxe
Neste Clube de Letras os nosos rapaces estanse a decatar do importante que son os libros. Os libros recórdannos feitos e inspírannos actos. A memoria colectiva queda custodiada entre as letras e pervive despois de que os seus protagonistas desaparezan. Os autores dos libros reviven nas mans dos lectores das súas obras. Ese é o caso de Sesé Mateo (muller redondelana asesinada a mans da súa ex-parella). A súa obra "No camiño do vento.." serviunos de punto de partida para que os nosos rapaces reflexionaran e analizaran a súa obra.