Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

CONVERSAS DIVERSAS

Imaxe
Cartaz da actividade  O pasado 4 de marzo tivemos unha serie de CONVERSAS DIVERSAS a cargo do grupo de apoio LGTBI do IES A PARALAIA de Moaña. Neste encontro, vía webbex, Rihanna Currás, membro do grupo e chica trans, explicoulle ao alumnadode 1º e 2º da ESO do IES DE TEIS a súa experiencia. Falaron de xénero, de identidade, de orientación sexual entre outras moitas cousas cue foron xurdindo ao longo da charla.  Deixámovos unha mostra gráfica do que alí sucedeu e aproveitamos para darlle as grazas a Rihanna por ser unha rapaza tan inspiradora.