Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Xa estamos de volta e con moitas sorpresas

Imaxe
  Ola de novo: Por fin botamos a andar este novo Clube de Letras pero esta vez vimos cargados de novidades. O Clube de Letras mudou e medrou. Xa non estamos sós nen traballamos de maneira illada.  Ao longo do pasado curso démonos de conta do impacto tan positivo así como do beneficio que ten traballar de forma colaborativa. Decidimos, pois, poñelo en marcha. Así, un grupo de profes de distintos centros pensamos en unir as nosas forzas para facer do Clube de Letras de cada insti e doutras colaboracións unha Rede de Clubes de Letras. Pretendemos con esta iniciativa traballar de maneira interdisciplinar ao mesmo tempo que damos visibilidade ás nosas propostas.  Cremos firmemente na necesidade de formar a cidadáns competentes que crearán unha sociedade máis xusta. A noso gran de area é este proxecto de Clube de Letras en rede para poder chegar ao maior número posible de persoas.  Damos, pois, a benvida ao IES DE TEIS co que traballaremos conxuntamente. Iremos colgando neste blogue as nosas