Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

"Compártome: un achegamento a Xela Arias"

Imaxe
O pasado luns 10 de maio celebrouse un encontro virtual en torno á figura de Xela Arias a quen se lle adicou o Día das Letras. A actividade foi organizada pola Biblioteca Municipal Pública de Redondela en colaboración cos centros de ensino do concello, velaquí o programa da sesión:  Nesta actividade participou o alumnado de 1º de Bacharelato no que Chus Nogueira, profesora na Facultade de Filoloxía da USC falou sobre a figura de Xela Arias e Darío Gil Arias, fillo de Xela, deunos unha idea máis íntima da súa nai. Finalmente, xunto coa alumnado dos outros centros, as nosas alumnas Beatriz  e Uxía leron sendos poemas como homenaxe.   A noticia na páxina    e a entrada no blog da BPM de Redondela.