"Postais de Nadal en pictogramas". Accesibilidade e discapacidade.
O pasado 12 de decembro os Clubs de Letras dos respectivos centros do IES de Teis, IES As Barxas, IES Pedro Floriani e IES de Chapela celebramos un encontro virtual entre alumnado e profesorado nun relatorio sobre coidados, discapacidade e accesibilidade cognitiva. O obxectivo: concienciar sobre o compromiso que temos como sociedade de incluir e promover a participación de todas as persoas en todos os ámbitos da vida independentemente da condición de cadaquen.
A iniciativa de felicitar as vindeiras festas de Nadal con postais e pictogramas partiu do IES de Teis e tivo moi boa acollida entre o alumnado participante de diferentes cursos e etapas educativas. Para explicar os detalles do emprego dos pictos falamos do proxecto educativo Alto alto como una montaña e contamos coa testemuña de Olga e as implicacións de ser nai e coidadora dun neno con TEA.
O alumnado do IES de Teis, Chapela e As Barxas deseñou as postais usando diferentes recursos e aplicacións tales como ARAASAC ou Pictotraductor de Pictoaplicaciones para finalmente intercambiar as felicitacións accesibles, contando coa colaboración da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional de Redondela que recibiron e leron as postais das alumnas de FP do IES de Chapela. Asímesmo, o resto de postais adaptadas fixéronse chegar aos respectivos participantes da iniciativa pasando despois a formar parte da decoración navideña.
Comentarios
Publicar un comentario