Teatro social, teatro da escoita.
O pasado 21 de decembro o alumnado de 1ºde Bacharelato A e B participou nunha proposta didáctica de teatro social dirixida por Chusa Pérez de Vallejo, directora da compañía "Los últimos".
Ao longo da sesión a rapazada puido poñer toda a súa imaxinación e creatividade para recrear diferentes escenas que promoven valores de xustiza universal, neste caso específicamente relacionándoos coa igualdade e os coidados aos demáis.
Con esta proposta de pedagoxía teatral procúrase a concienciación do alumnado sobre a coherencia entre o os valores que defendemos e como actuamos na vida. Tal e como Chusa comenta "hai que priorizar ser persoa a ser actriz ou actor... é dicir, defendo na vida o que defendo no teatro...trátase de que eu en primeira persoa como actriz ou actor poida emprestarlle a miña voz e o meu corpo, ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade."
O alumnado dramatizou situacións da vida cotiá dende o punto de vista da persoa vulnerable.
Felicitámosvos pola vosa implicación e sensibilidade.
Para o segundo trimestre está previsto darlle continuidade á proposta a través dunha actividade chamada "Teatro encontro", na que o alumnado terá a oportunidade de traballar con textos dialogais sobre unha temática moi específica: a soidade, especialmente das persoas maiores e a dificultade de atoparnos como individuos.
A actividade foi do interese do Grupo de Teatro do IES Ribeira do Louro que nos convidou a participar cunha publicación na súa revista anual Cadernos de Teatro. Podedes atopar o artigo na páxina 31 pero non deixedes de botarlle unha ollada con calma porque paga moito a pena.
Comentarios
Publicar un comentario