Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

O alumnado de 3ºESOB tivo a oportunidade de participar nun encontro virtual con Eva Mejuto sobre a súa obra que da testemuña da historia que se viviu na illa de San Simón inspirada en persoas e feitos que acaeceron na nosa contorna. Falou de dous protagonistas Xulio, que é de Portonovo e que foi quen lle contou a historia a Eva, e a nena lavandeira Teresa e dunha contorna que temos moi pretiño, A Portela,a 10 minutos a pe.

"O pai de Xulio foi detido e preso por formar parte dun sindicato de mariñeiros, sen xuízo nen causa... o feito de levar roupa limpa pódese considerar un acto de resistencia e moitas das mulleres que formaron parte desta rede de solidaridade foron castigadas con multas por axudar a eses presos..."


Este encontro xunto con outras actividades axudou ao alumnado a achegarse á historia recente da nosa contorna. Agora están a elaborar un glosario, ademáis de estar realizando un traballo de investigación sobre a illa e especialmente sobre o traballo de lavandeira e o sesgo de xénero. 

Queremos aproveitar esta publicación para felicitar a Eva por ter recibido o Premio dos Clubs de Lectura 2021. Parabéns!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

ELISA E MARCELA

Benvida!