Encontro con Pili Dios sobre "Ferreñas Rock and Roll. Crónica ilustrada das nosas músicas máis senlleiras"

O pasado 22 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha entrevista á nosa prezada compañeira de inglés Pilar Dios. Ela é unha das mulleres que aparecen no catálogo ilustrado "Ferreñas e rock and roll" das autoras Laura Romero e Iria Pedreira, e que foi galardonado cun dos premios do II Concurso de ideas "Luisa Villalta" de proxectos culturais pola igualdade en 2018. 





O protagonismo en "Ferreñas e rock and roll" dáselle a unha escolla de mulleres músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois, neste caso, Pilar como pioneira e referente do punk galego. 


    


O alumnado tivo a oportunidade de coñecer polo miúdo o panorama musical dos anos 80 dende unha perspectiva de xénero. Asímesmo, o compañeiro .... compartiu momentos da sesión achegando a súa experiencia.







O 11 de marzo algunhas compañeiras do Club de Letras asistimos á presentación do libro polas autoras Laura Romero e Iria Pedreira, acompañandas por Pili Dios. 







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

ELISA E MARCELA

Benvida!