Aprendendo da solidaridade das nosas mulleres.
O luns 7 de xuño o alumnado de 3ºESOB rematou coas sesións adicadas á rede de mulleres da illa de San Simón con estas actividades:
_ a primeira consistiu nun obradoiro de debuxo e papiroflexia impartido por Maruxa, directora do Taller Mimarte, tendo como referencia "A Lavandeira de San Simón". Nun obradoiro de papiroflexia, o alumnado realizou un paxariño vermello para construir un móbil colectivo que agora está pendurando na nosa biblioteca xunto a un punto lector cuxa temática son os coidados.
_ a continuación contamos coa presenza de J. A. Orge, experto en historia de Redondela e membro do Seminario de Estudos Redondeláns, e nun paseo ata A Portela axudounos a comprender mellor a nosa historia recente e a solidariedade das "madriñas". Elas foron as mulleres que formaron unha rede de apoio relacionada cos coidados aos presos da illa e as súas familias. Adicáronse a tarefas tales como lavar e arranxar a roupa, levar comida, ofrecer menciñas ou entregar notas e mensaxes agachados na roupa que arranxaban elas mesmas.
Orge falounos das condicións nas que esas mulleres se atreveron a brindar axuda realizando así unha función esencial para a mellora da vida dos presos e mesmo de como foron multadas e perseguidas. Alba, alumna do grupo e bisneta de Marina, compartiu connosco algunhas das lembranzas familiares en torno á súa bisaboa.
Vista da Portela dende onde saían as mulleres e vivían algunhas delas.
A Portela, ao fondo, a illa de San Simón.
Comentarios
Publicar un comentario