"A Lavandeira de San Simón" Memoria das mulleres que coidaron aos presos da illa.

 "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto, coas ilustracións de Eva Gregores, é desas obras imprescindibles que nos axudan a saber quen fomos como vila.  O mércores 18 de novembro o alumnado de 2º ESO A comezou un achegamento á nosa historia recente cunha actividade de lectura compartida.

Unha rede de mulleres da contorna de Redondela e arredores organizáronse para asistir aos homes presos no campo de concentración que foi a illa de San Simón. As chamadas "madriñas" eran lavandeiras pero tamén se adicaban a realizar outras tarefas básicas imprescindibles como remendar roupa, levar comida ou mesmo cartas das familias. 

A sesión finalizou coa audición do poema musicado "Pregaria de San Simón" escrito polo recluso Eduardo Pantaleón.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvida!

25N: Encontro virtual con Joshua Alonso Mateo en contra das violencias machistas, poesía opaca e bolboretas.

Cianotipia.