ANGURIA
E puxémonos a crear!!!!... Aproveitando a lectura do libro da redondelana Carolina Sertal titulado Anguria comezamos a facer broches. Broches violetas para reinvindicar a liberdade, a igualdade e a necesidade de expresarnos libremente. Mirade que cousas tan bonitas fixemos... A que os nosos rapaces e rapazas son uns verdadeiros artistas? Non hai máis que ver o concentrados que están!