Publicacións

Podo regalarche cinco minutos de teatro?

Imaxe
Con esta actividade o día luns 21 de xuño  rematamos a formación en teatro social para 1º de Bacharelato relacionada coa temática do coidado aos demáis. O alumnado preparou diferentes pezas de teatro-encontro para agasallar 5´de teatro a calquera membro da nosa comunidade educativa e  mesmo a veciñanza de Redondela que se achegou o día de feira ata o pobo.                                           Imaxes no IES Pedro Floriani e en Redondela, nos soportais do concello e na rúa.                              A finalidade desta posta en escea é chegar a moitas persoas para concienciar sobre temáticas como as fronteiras, o traballo das nosas nais e a voas e sobre a achega que cada persoa pode facer á sociedade establecendo un paralelismo entre cada individuo e un quebracabezas. A actividade tivo moi boa acollida e a resposta da xente foi mo boa en xeral, devolvéndolle ao alumnado  palabras bonitas e emocións sobre o esforzo que fixeron aprendendo as obras e vencendo a vergoña para actuar c

Cápsula do tempo.

Imaxe
O alumnado de 1º da ESO realizou a actividade chamada "A cápsula do tempo" que consistiu en que cadaquen redactou unha carta para sí mesma/o  do futuro en tres cursos académicos para poder abrilas en 4º. As cartas serviron como reflexión e valoración dun ano moi complexo en relación á pandemia. Ademáis engadiron obxectos que lles lembrarían este curso académico. As cápsulas foron soterradas na nosa horta.

Aprendendo da solidaridade das nosas mulleres.

Imaxe
O luns 7 de xuño o alumnado de 3ºESOB rematou coas sesións adicadas á rede de mulleres da illa de San Simón con estas actividades: _ a primeira consistiu nun obradoiro de debuxo e papiroflexia impartido por Maruxa, directora do Taller Mimarte, tendo como referencia "A Lavandeira de San Simón". Nun obradoiro de papiroflexia, o alumnado realizou un paxariño vermello para construir un móbil colectivo que agora está pendurando na nosa biblioteca xunto a un punto lector cuxa temática son os coidados.  _ a continuación contamos coa presenza de J. A. Orge, experto en historia de Redondela e membro do Seminario de Estudos Redondeláns, e nun paseo ata A Portela axudounos a comprender mellor a nosa historia recente e  a solidariedade das "madriñas".  Elas foron as mulleres que formaron unha rede de apoio relacionada cos coidados aos presos da illa e as súas familias. Adicáronse a tarefas tales como lavar e arranxar a roupa, levar comida, ofrecer menciñas ou entregar notas e m

Cianotipia.

Imaxe
O  pasado martes 22 ofertamos este interesante obradoiro de cianotipia a todos os grupos de 1º e 2º ESO. As láminas creadas polo alumnado servirán como agasallo para as familias e as persoas que os coidan. María Xosé Martínez foi a encargada de ensinarnos o proceso que tivo lugar en dúas fases:

Intervención asistida con cans.

Imaxe
O alumnado de 1ºFPB de Electrónica tivo hoxe a oportunidade de coñecer o traballo que fan en ADA con animais a nivel terapéutico. Olalla, a responsable da actividade, xunto coa tranquila cadeliña Itaca desenvolveu ao longo da sesión diferentes estratexias para axudarlle ao grupo a experimentar situacións da vida cotiá dende as posibles diferentes perspectivas de persoas en situación de vulnerabilidade.

Teatro encontro

Imaxe
O pasados xoves 13 e martes 18 de maio celebrouse a continuación da actividade do teatro social centrado esta vez no teatro encontro.  A actividade estivo dirixida de novo por Chusa Pérez de Vallejo e desta volta o alumnado de 1º de Bacharelato participou nunha sesión centrada no poder e na importancia que teñen as palabras e o coidardo aos demáis a través das mesmas.  Traballáronse xogos de confianza a través de sons e palabras, para finalmente facer unha reflexión e elixir un texto preferido de entre os seguintes cuxa temática estivo relacionada coas persoas en situación de vulnerabilidade e as persoas coidadoras:  "O quebracabezas", sobre a importancia que cada persoa ten na sociedade. "A miña avoa", sobre o traballo silenciado das mulleres ao longo da historia. "Un lugar", sobre as fronteiras. Próximamente os textos serán postos en escea o día 21 de xuño con persoas da comunidade educativa no centro e na rúa coa veciñanza de Redondela. 💜

LSE, un achegamento.

Imaxe
O 2 de xuño o alumnado de 1ºBach da materia de Anatomía aplicada tivo a oportunidade de participar nunha actividade de expresión corporal e comunicación non verbal en lingua de signos española, LSE. Non podemos rematar esta publicación sen darvos as grazas pola participación e o interese cunha imaxe do signo extraída do  Banco de imaxes e signos LSE    GRAZAS!