Teatro encontro
O pasados xoves 13 e martes 18 de maio celebrouse a continuación da actividade do teatro social centrado esta vez no teatro encontro. A actividade estivo dirixida de novo por Chusa Pérez de Vallejo e desta volta o alumnado de 1º de Bacharelato participou nunha sesión centrada no poder e na importancia que teñen as palabras e o coidardo aos demáis a través das mesmas. Traballáronse xogos de confianza a través de sons e palabras, para finalmente facer unha reflexión e elixir un texto preferido de entre os seguintes cuxa temática estivo relacionada coas persoas en situación de vulnerabilidade e as persoas coidadoras:
"O quebracabezas", sobre a importancia que cada persoa ten na sociedade.
"A miña avoa", sobre o traballo silenciado das mulleres ao longo da historia.
"Un lugar", sobre as fronteiras.
Comentarios
Publicar un comentario