LES FEMMES INVISIBLES

E xa nos imos achegando ao final do curso... O noso alumnado ten feitas moitas e moi interesantes reflexións sobre a igualdade e a necesidade de visibilizar o traballo das mulleres. Propuxémoslles que fixesen unhas presentacións sobre as mulleres importantes e/ou silenciadas na historia.  Recopilaron a información e gravaron os audios para contar as súas pesquisas. Toda esa información foi recollida nun PADLET que nos permitiu ter unha visión global das aportacións das mulleres ao desenvolvemento da nosa sociedade.
Deixámosvos a ligazón para que lle botedes unha ollada e poidades reflexionar connosco...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

ELISA E MARCELA

Benvida!