8M Súbete ao step da igualdade e máis....

Estas son as actividades que organizamos para conmemorar o 8M 

  • "Súbete ao step da igualdade". O alumnado de 2º ESO a 1º Bacharelato representou unha coreografía con steps e mensaxes en clave feminista relacionados cos estereotipos e os roles de xénero como símbolo dos chanzos que aínda quedan por subir.
C:\Users\USER\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\1622652811933.jpg
C:\Users\USER\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\1622652772255.jpg

Na páxina web do centro tedes o VIDEO  que fixemos coa actividade, non volo perdades! 

C:\Users\USER\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\261.jpgO dorsal que levou o alumnado durante a actividade
  • Mulleres e ciencia: Fíxose un estudo das mulleres destacadas no ámbito das ciencias en relación aos homes en porcentaxes. A partir deste estudo elaborouse un panel informativo que busca chamar a atención de toda a comunidade educativa na entrada principal do centro. 

          


  • Pioneiras: Esta actividade que forma parte do proxecto de intercambio cultural online “Escornavoice” con alumnado australiano, en 1º Bacharelato, busca a difusión das mulleres da cultura galega.
  • Coeducación. O alumnado de 1ºBach A-B traballou na reflexión sobre os avances na coeducación. O traballo realizouse en equipos cooperativos sobre un texto de Felicia Estévez, cadaquén achegaba as súas ideas para chegar a unha conclusión final. 
  • Linguaxe inclusiva e igualdade. Encontro virtual con Josua Alonso Mateo e o alumnado de 2º Bacharelato. A primeira parte da sesión Josua abordou a linguaxe como expresión dos nosos pensamentos e prexuízos e como podemos mudalos para construir unha sociedade respectuosa e inclusiva, a continuación deuse paso a reflexión crítica e diálogo. 








  • Punto lector feminista en Bibliofloriani hai un punto lector cunha escolla de libros de temática feminista.


  • Encontro musical: O 15 de marzo rematamos as actividades en torno ao 8M co encontro musical con 2naFronteira coa compositora Carmen Penim en torno aos seus discos “Herdeiras” e “Cantos de vento e sal”. Carmen falou sobre o proceso de creación e as motivacións que a levaron a el na que as alumnas e alumnos tiveron o seu turno de preguntas, e para rematar agasallounos coa interpretación dun tema de Herdeiras. 
Alalá da mala lúa





Aquí a noticia na prensa local Faro de Vigo na que tamén se recolle a actividade de outros centros da contorna. 👏👏👏

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

ELISA E MARCELA

Benvida!