Artelixo 21
O alumnado de Cultura Científica de 4ºESO participou nunha nova edición de Artelixo, unha iniciativa da veciñanza de Redondela que consiste na utilización de xeito artístico dos refugallos que producimos. O obxectivo de Artelixo é doble, por un lado denunciar o exceso de lixo e por outro animar a darlle unha nova vida a eses materiais. Para explicar os detalles polo miúdo contamos coa presenza no centro de Olga Nogueira e Marcos Lareira, integrantes do colectivo, que contaron ao alumnado a historia do proxecto, o seu impacto e os animaron a construir a súa propia obra.
A edición deste ano está centrada na contaminación dos ríos e as concas fluviais como patrimonio natural que debemos protexer, tal e como din dende o colectivo "cando pasamos á beira do río Maceiras ou Alvedosa non somos conscientes da cantidade de residuos que agochan". As rapazas e rapaces de 4º decidiron recrear o ciclo da auga e o ecosistema fluvial empregando plásticos de diferente procendencia. Velaquí algunhas imaxes do proceso de creación.
Finalmente, o traballo na rúa como parte da exposición colectiva de Artelixo do 17 de abril ao 7 de maio e na que participaron tamén outros centros educativos da contorna. Parabéns!
Máis información sobre a edición deste ano aquí.
Comentarios
Publicar un comentario