O COIDADO DA LINGUAXE

Arredor dos meses de decembro e xaneiro levamos a cabo unha enquisa sobre o coidado na linguaxe cunha participación total de 123 alumnas e alumnos comprendidos entre ESO e Bacharelato.


O alumnado de 2ºBach realizando a enquisa na biblioteca.

Ao remate da enquisa, fixemos un obradoiro de "black-out poetry" en torno ao feito de ser muller e sufrir discriminación e abuso por este feito. Para inspirarnos  empregamos o poema de Aija Mayrock "Dear Girl". 

A información extraída da enquisa serviunos para orientar e priorizar obxectivos, sempre na procura da reflexión e o pensamento crítico entre o alumnado para ser quen de transformar e construir unha realidade máis xusta. Aquí podedes atopar a enquisa e a información.

                                             

En marzo tivo lugar un novo encontro con Joshua Alonso Mateo cos grupos de 2º de Bacharelato sobre linguaxe inclusiva e igualdade. 

E para rematar, e seguir fomentando a comprensión e a importancia de repensar a realidade, o alumnado valorou e debatiu sobre as connotacións excluíntes e cousificantes das palabras e as implicacións que teñen na construción do pensamento.

A última proposta consistiu na análise en diferentes medios de noticias relacionadas co emprego da linguaxe e na elaboración dun pequeno ensaio de opinión sobre a importancia de visibilizar a inxustiza social e denunciala.

Practical diversity: taking inclusion from theory to practice.



Imaxe BBC.news.com

N-word: the troubled history of a racial slur: sobre a historia do termo racista en inglés, e a controversia que aínda provoca hoxe en día. "I say the time has come to do away with it. If black lives matter, don't own it, reject it."

Nevenka: Breaking the silence: sobre a importancia da denuncia das vítimas nos casos de violencia machista e dos pasos que aínda temos que dar como sociedade para protexelas.


"Slave Ship" de Turner: sobre dereitos humanos, comparativa coa actualidade.

Artist who painted God as a black woman gets abuse: sobre a importancia do establecemento dunha contra-narrativa igualitaria e feminista, neste caso coa pintura como vía de expresión artística e denuncia social.







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

ELISA E MARCELA

Benvida!