Podo regalarche cinco minutos de teatro?
Con esta actividade o día luns 21 de xuño rematamos a formación en teatro social para 1º de Bacharelato relacionada coa temática do coidado aos demáis. O alumnado preparou diferentes pezas de teatro-encontro para agasallar 5´de teatro a calquera membro da nosa comunidade educativa e mesmo a veciñanza de Redondela que se achegou o día de feira ata o pobo. Imaxes no IES Pedro Floriani e en Redondela, nos soportais do concello e na rúa. A finalidade desta posta en escea é chegar a moitas persoas para concienciar sobre temáticas como as fronteiras, o traballo das nosas nais e a voas e sobre a achega que cada persoa pode facer á sociedade establecendo un paralelismo entre cada individuo e un quebracabezas. A actividade tivo moi boa acollida e a resposta da xente foi mo boa en xeral, devolvéndolle ao alumnado palabras bonitas e emocións sobre o esforzo que fixeron aprendendo as obras e vencendo a vergoña para actuar c