Teatro social, teatro da escoita.
O pasado 21 de decembro o alumnado de 1ºde Bacharelato A e B participou nunha proposta didáctica de teatro social dirixida por Chusa Pérez de Vallejo, directora da compañía "Los últimos". Ao longo da sesión a rapazada puido poñer toda a súa imaxinación e creatividade para recrear diferentes escenas que promoven valores de xustiza universal, neste caso específicamente relacionándoos coa igualdade e os coidados aos demáis. Con esta proposta de pedagoxía teatral procúrase a concienciación do alumnado sobre a coherencia entre o os valores que defendemos e como actuamos na vida. Tal e como Chusa comenta "hai que priorizar ser persoa a ser actriz ou actor... é dicir, defendo na vida o que defendo no teatro...trátase de que eu en primeira persoa como actriz ou actor poida emprestarlle a miña voz e o meu corpo, ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade." O alumnado dramatizou situacións da vida cotiá dende o punto de vista da persoa vulnerable. Felicitámosvos pola