Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Artelixo 21

Imaxe
O alumnado de Cultura Científica de 4ºESO participou nunha nova edición de Artelixo,  unha iniciativa da veciñanza de Redondela que consiste na utilización de xeito artístico dos refugallos que producimos. O obxectivo de Artelixo é doble, por un lado denunciar o exceso de lixo e por outro animar a darlle unha nova vida a eses materiais. Para explicar os detalles polo miúdo contamos coa presenza no centro de Olga Nogueira e Marcos Lareira, integrantes do colectivo, que contaron ao alumnado a historia do proxecto, o seu impacto e os animaron a construir a súa propia obra.  A edición deste ano está centrada na contaminación dos ríos e as concas fluviais como patrimonio natural que debemos protexer, tal e como din dende o colectivo "cando pasamos á beira do río Maceiras ou Alvedosa non somos conscientes da cantidade de residuos que agochan".  As rapazas e rapaces de 4º decidiron recrear o ciclo da auga e o ecosistema fluvial empregando plásticos de diferente procendencia. Velaquí

8M Súbete ao step da igualdade e máis....

Imaxe
Estas son as actividades que organizamos para conmemorar o 8M  " Súbete ao step da igualdade ". O  alumnado de 2º ESO a 1º Bacharelato representou unha coreografía con steps e mensaxes en clave feminista relacionados cos estereotipos e os roles de xénero como símbolo dos chanzos que aínda quedan por subir. Na páxina web  do centro tedes o VIDEO   que fixemos coa actividade, non volo perdades!  O dorsal que levou o alumnado durante a actividade Mulleres e ciencia : Fíxose un estudo das mulleres destacadas no ámbito das ciencias en relación aos homes en porcentaxes. A partir deste estudo elaborouse un panel informativo que busca chamar a atención de toda a comunidade educativa na entrada principal do centro.              Pioneiras : Esta actividade que forma parte do proxecto de intercambio cultural online “Escornavoice” con alumnado australiano, en 1º Bacharelato, busca a difusión das mulleres da cultura galega. Coeducación . O alumnado de 1ºBach A-B traballou na reflexió

Encontro con Pili Dios sobre "Ferreñas Rock and Roll. Crónica ilustrada das nosas músicas máis senlleiras"

Imaxe
O pasado 22 de xaneiro o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha entrevista á nosa prezada compañeira de inglés Pilar Dios. Ela é unha das mulleres que aparecen no catálogo ilustrado "Ferreñas e rock and roll" das autoras Laura Romero e Iria Pedreira, e que foi galardonado cun dos premios do II Concurso de ideas "Luisa Villalta" de proxectos culturais pola igualdade en 2018.   O protagonismo en "Ferreñas e rock and roll" dáselle a unha escolla de mulleres músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois, neste caso, Pilar como pioneira e referente do punk galego.       O alumnado tivo a oportunidade de coñecer polo miúdo o panorama musical dos anos 80 dende unha perspectiva de xénero. Asímesmo, o compañeiro .... compartiu momentos da sesión achegando a súa experiencia. O 11 de marzo algunhas compañeiras do Club de Letras asistimos á presentación do libro polas autoras Laura Romero e Iria Pedreira, acompañandas por Pili Di

Encontro virtual con Eva Mejuto sobre "A Lavandeira de San Simón"

Imaxe
O alumnado de 3ºESOB tivo a oportunidade de participar nun encontro virtual con Eva Mejuto sobre a súa obra que da testemuña da historia que se viviu na illa de San Simón inspirada en persoas e feitos que acaeceron na nosa contorna. Falou de dous protagonistas Xulio, que é de Portonovo e que foi quen lle contou a historia a Eva, e a nena lavandeira Teresa e dunha contorna que temos moi pretiño, A Portela,a 10 minutos a pe. "O pai de Xulio foi detido e preso por formar parte dun sindicato de mariñeiros, sen xuízo nen causa... o feito de levar roupa limpa pódese considerar un acto de resistencia e moitas das mulleres que formaron parte desta rede de solidaridade foron castigadas con multas por axudar a eses presos..." Este encontro xunto con outras actividades axudou ao alumnado a achegarse á historia recente da nosa contorna. Agora están a elaborar un glosario, ademáis de estar realizando un traballo de investigación sobre a illa e especialmente sobre o traballo de lavandeira

O COIDADO DA LINGUAXE

Imaxe
Arredor dos meses de decembro e xaneiro levamos a cabo unha enquisa sobre o coidado na linguaxe  cunha participación total de 123 alumnas e alumnos comprendidos entre ESO e Bacharelato. O alumnado de 2ºBach realizando a enquisa na biblioteca. Ao remate da enquisa, fixemos un obradoiro de "black-out poetry" en torno ao feito de ser muller e sufrir discriminación e abuso por este feito. Para inspirarnos  empregamos o poema de Aija Mayrock "Dear Girl".  A información extraída da enquisa serviunos para orientar e priorizar obxectivos, sempre na procura da reflexión e o pensamento crítico entre o alumnado para ser quen de transformar e construir unha realidade máis xusta.  Aquí podedes atopar a enquisa e a información . Enquisa Coidado Linguaxe                                               Publish at Calameo En marzo tivo lugar un novo encontro con Joshua Alonso Mateo cos grupos de 2º de Bacharelato sobre linguaxe inclusiva e igualdade.  E para rematar, e seguir foment